Respuestas

2012-05-12T17:08:02+02:00

Dobres parellas

Un manual de retórica
e unha gran novela histórica;
a bóla do mapa mundo
e, do reloxo, un segundo.

Un cuarteto no encerado
e un número fatigado;
a pedra filosofal
e unha aurora boreal.

Un xigante telescopio
e a luz de estrela que eu copio;
o punto norte da búxola
e o firme acento da esdrúxula.

Un curioso efecto óptico
e un orador estrambótico;
un caiuco na ribeira
e un amigo á miña beira.

As cartas dos reis de espadas
e de ouros nunha ollada;
e quen me roubou a min
os versos que eu escribín.